rscjespana@rscj.es

logologo
  • Quiénes Somos
    • Identidade
    • A nosa formación
    • A nosa misión
      • A nosa pastoral 
      • RSCJ A nosa espiritualidade 
    • A nosa historia 
  • Publicaciones
  • Webmail
  • gl
    • es
    • ca
    • eu
  • Quiénes Somos
    • Identidade
    • A nosa formación
    • A nosa misión
      • A nosa pastoral 
      • RSCJ A nosa espiritualidade 
    • A nosa historia 
  • Publicaciones
  • Webmail
  • gl
    • es
    • ca
    • eu

Texto también disponible en: es ca eu

A nosa historia 

O onte

En Paris, no ano 1800, Santa Magdalena Sofía Barat tratou de responder as necesidades do seu tempo, despois dos graves acontecementos da revolución francesa. A través da educación de nenas e novas, quixo contribuír a unha acción renovadora da sociedade de entón.

El hoy

A Nosa historia desde o Vaticano II a través dos Capítulos Xerais

Confióusenos un precioso carisma que non é propiedade exclusiva nosa: pertence ao pobo enteiro de Deus e cada Capítulo Xeral dános unha preciosa oportunidade de mantelo vivo e relelo á luz da palabra e dos novos contextos eclesiais e socio-culturais, e tamén de discernir segundo o Espírito os novos camiños nos que vivir a nosa identidade.

Os Capítulos Xerais anteriores ao Vaticano II foron xeralmente para elixir á nova Nai Xeral, pero a partir do Concilio Vaticano II convertéronse nun dos nosos principais medios de renovación.

Capítulo Xeral de 1964

Supuxo a adaptación ás orientacións Conciliares. Á luz do Perfectae Caritatis tomáronse decisións significativas sobre as estruturas que marcaran o noso pasado: desaparecía a división entre relixiosas de coro e irmás coadxutoras; a forma de clausura vivida até entón deixaba de existir ao quedar eximidas de clausura papal (GS 16); debiamos axustar o noso modo de vida ao apostolado ao que nos consagrabamos (PC 8); debiamos recoñecer a diferenza entre “tradición” e “tradicións” e ter en conta as condicións físicas e psíquicas de cada relixiosa (PC 3). Exhortóusenos “á formación relixiosa, apostólica, doctrinal e técnica…” (PC 18) e a estar atentas ao modo de sentir e pensar contemporáneo (PC 18).

Todo isto levounos a entrar en contacto con outras propostas, ideas e posturas que nos foron facendo conscientes da envergadura da transformación conciliar.

Capítulo Xeral de 1967

A subsidiaridade, a descentralización e a participación de todos os membros da Sociedade convertéronse nos novos principios de goberno. Creceu a inquietude social, ensanchouse o concepto do que era “educación”, empezaron as fundacións en barrios e pobos. Substituímos, non sen tensións, o hábito por roupa segrar, formamos pequenas comunidades moi integradas na contorna e foron anos preciosos de aprender outros modos de estar entre a xente.

A Sociedade do Sagrado Corazón quedaba definida como Instituto Apostólico, ao ampliar os campos de apostolado, abríranos o camiño da pluralidade.

Capítulo Xeral de 1970

As opcións que se foron delineando, ían marcar intensamente o futuro da Sociedade: comunidade internacional unha e plural; misión educadora como servizo de Igrexa; solidariedade cos pobres e co Terceiro Mundo; renovación na comunidade fraterna.

Foi elixida Superiora Xeral Concepción Camacho, dixo na clausura do Capítulo: “Todas levamos a herdanza da nosa Santa Nai. O seu espírito viven en nós e nos urxe a seguir adiante, no descoñecido dese mesmo camiño”.

As cinco opcións fundamentais modificaron profundamente o nosos modo de inserción no mundo e na vida das nosas comunidades, aínda que non sempre resultou doado unificalas. Cambiamos o logo da Sociedade: un corazón estilizado e aberto para acoller e reunir, con mundo no centro e na cruz sobre el. A contemplación ensanchábase invitándonos a descubrir o Corazón de Cristo agochado no corazón dun mundo.

Capítulo Xeral de 1976

Na apertura do Capítulo da Nai Concepción Camacho recoñecía: “Hoxe contemplamos o Corazón ferido de Cristo na humanidade desgarrada polas inxustizas do mundo; e o noso carisma lévanos a solidarizarnos cos homes no sufrimento e na procura dun mundo máis xusto e máis fraterno”.

“Este impulso é fonte de unidade; recoñecemos que a nosa Congregación leva en si unha chamada, sempre viva á contemplación e á comuñón, para ser testemuñas do amor de Deus entre os homes. Este Capítulo fíxonos experimentar a nosa unidade no nivel profundo do noso carisma, e reforzou así a nosa entrega á misión. Lonxe de suprimir as opcións reafirmámolas pero cunha postura máis humilde e unificada”.

Capítulo xeral de 1982

Afrontou a complexa tarefa de redactar as novas Constitucións, como pedía a Igrexa a todas as Congregacións. Unha reflexión sobre o tema mobilizou á Sociedade durante catro intensos anos e supuxo unha forte renovación nos valores esenciais da nosa vida relixiosa. O traballo persoal e comunitario levado a cabo foi ocasión para cada unha de facer súa a rica tradición de congregación e de buscar novas maneiras de expresala.

O centro das Constitucións seguiría sendo o Corazón de Cristo traspasado na cruz, símbolo do seu amor entregado, pero había que vinculalo á novas urxencia xurdidas nos últimos tempos: o sentido de Igrexa, a sensibilidade cara á responsabilidade persoal, a formación continua, a internacionalidade vista como pluralidade, o sentido educativo, a preferencia polos pobres, a oración e o discernir.

Foi elixida como Superiora Xeral Helen Mc Laughlin.

Capítulo xeral de 1988

El tema fue ‘Nuestra vocación apostólica’. Celebrábamos así la reciente canonización de Rosa Filipina Duchesne, y nos preguntábamos cómo vivir la vocación apostólica, tan fuerte en ella, en los nuevos contextos políticos y económicos.Éramos más conscientes de los desafíos que nos venían de la interculturalidad que estaban reclamando nuevas estructuras a la hora de abordar los problemas de nuestro mundo: derechos humanos, migraciones, justicia, paz e integridad de la creación. La Comisión Internacional de Educación (CIE) formada por siete RSCJ de diferentes nacionalidades y experiencias educativas había promovido en toda la Sociedad en los años anteriores una visión más global de los problemas educativos y había impulsado la formación permanente de las educadoras.Por primera vez el Capítulo abordó el tema de la dimensión política de la misión, no sólo por la influencia de la recién publicada encíclica Sollicitudo rei sociales, sino también porque, al tratar cada tema, (inculturación, migrantes, jóvenes, mujeres), era evidente la dimensión política que implicaba cada uno de ellos.El Capítulo trató de contemplarlos a partir del carisma y la espiritualidad de la Sociedad y de profundizar en la dimensión internacional, consecuencia de la inserción de cada RSCJ en el mundo. Se vivió un fuerte deseo de pasar de formas de transculturalidad con rasgos aún colonizadores, a una inculturación liberadora.Fue reelegida como Superiora General Helen Mc Laughlin.

Capítulo Xeral de 1994

O Capítulo exhortou a vivir o rol profético da Vida Relixiosa na construción do Reino de Deus. O desexo de alimentar, facer crecer e defender a vida, impúñase como o fío que intercomunicaba e integraba todos e cada un dos temas tratados, dándolles unidade e dirección.

Sentímonos chamadas, como Comunidade Internacional, a responder, a partir da nosa espiritualidade e do noso carisma, ás necesidades máis urxentes deste mundo sendo mulleres de comuñón e de compaixón, chamadas a educar para facer crecer a vida por camiños de reconciliación. A dimensión eucarística da nosa espiritualidade avivou o noso desexo de “facer do noso mundo un gran banquete, unha mesa aberta na que poidan compartirse o pan e a palabra e na que o Señor enxugue as bágoas de tanta inxustiza, violencia e división”.

Foi elixida como Superiora Xeral Patricia García de Quevedo.

Capítulo Xeral de 2000

Coincidiu co bicentenario da Sociedade, preparado por un Itinerario espiritual e vivido como unha ocasión privilexiada de renovación persoal e congregacional. Coincidía tamén co ano do Xubileu no que a Igrexa nos chamaba a participar do don do perdón, da reconciliación e da liberación de todo o que nos escraviza; e a devolver aos pobres o que lles pertence por dereito.

O Capítulo celebrouse en Amiens, berce da Sociedade, co tema “A nosa misión educadora, espazo e camiño para anunciar o amor do Corazón de Xesús”. Por primeira vez estaban presentes irmás de China, Moscova, Paraguai e Indonesia e da nova fundación Haití. E tamén por primeira vez un grupo de colaboradores/as laicos que enriqueceron a reflexión ao redor da misión.

Na apertura, Patricia García de Quevedo lembrou como Magdalena Sofía “imprimiu ao seu modo de goberno a centralidade do amor de Deus a través da relación e aprendeu, tamén desde o comezo, que a cruz é parte inseparable do seguimento de Xesús”.

O Capítulo impulsou a educación transformadora, o diálogo entre culturas e o paso da colaboración á reciprocidade.

Clare Pratt foi elixida como Superiora Xeral.

Capítulo Xeral 2008

Celebrouse en Lima (Perú) co tema “Diálogo intercultural sobre a espiritualidade”. A experiencia de vivilo en Perú axudou a comprender mellor realidades descoñecidas dende outros contextos e fixo medrar a conciencia da necesidade de desprazarse para facer a experiencia do que outros viven.

O Documento final do Capítulo convida a sentirnos parte da humanidade que busca:

– O diálogo intercultural, interreligioso e interxeracional como un acto de xustiza que leva a unha convivencia en harmonía e en paz.
– A comunidade como a forma de ser humanos/as, desde a comunidade local, provincial, rexional e internacional.
– A contemplación como mirada amorosa que descobre e acolle, coida, alimenta e fai medrar a vida.
– Un sentido da vida máis profundo, máis sensible, máis humano, para ofrecer, especialmente, aos/as mozos.

Foi elixida Kathleen Conan como Superiora Xeral.

Historia RSCJ
  • Nacimiento Magdalena Sofía Barat

    Texto también disponible en: Comparte RSCJ

Comparte RSCJ

RSCJ España

Hoy como ayer, mujeres de todas las culturas seguimos experimentando la fuerza del Amor de Jesús en nuestras vidas que nos llama a seguirle y a permanecer en Él.

Entradas recientes

    Dónde encontrarnos

    Datos de contacto

    Calle Marqués de Torroja 2, CP 28036 Madrid
    +34 91 549 38 17
    rscjespana@rscj.es
    http://www.rscj.es

    Seleccionar idioma

    • gl
      • es
      • ca
      • eu

    Religiosas del Sagrado Corazón en España. Todos los derechos reservados.

    • es
    • ca
    • eu