
Como presentarnos en poucas palabras?
Como describir a vida e a misión de case tres mil relixiosas do Sagrado Corazón, chamadas por Deus para o servizo do mundo e da Igrexa?
A congregación do Sagrado Corazón, formada por tres mil mulleres de África, Asia, Europa, de Latinoamérica, Norte América, e de Oceanía, está composta por unha enorme e rica diversidade relixiosa, xeográfica, política, económica e cultural, unificada á misión común de manifestar o amor de Deus ao mundo.