
A nosa misión
Como discípulas de Xesús, aprendemos Del un modo de vivir e de relacionarnos segundo os valores do seu Evanxeo: compaixón, servizo, confianza fraterna, verdade, humildade, liberdade. Magdalena Sofía bebeu desa fonte e soñou cun grupo de mulleres que vivisen unha misión educadora apaixonante. Convocou á súa pequena Sociedade cara á visión que era o centro da súa existencia: a gloria do Corazón de Xesús e a vida de cada persoa.
As que hoxe a formamos sentimos un elo máis na cadea de mulleres que continuaron a misión que Sofía alentou e quixeron amar o mundo co amor mesmo de Deus. Vivimos a alegría de atopar un tesouro na terra recibida como herdanza: educar para nós evoca transformación e reciprocidade, espazos nos que cada persoa poida poñerse en pé e abrirse á verdade, ao amor e á liberdade;descubrir o sentido da súa vida e entregarse aos demais; colaborar de maneira creativa na transformación dun mundo que sexa fogar para todos; vivir a experiencia do amor de Xesús e comprometerse nunha fe activa.