..

Desde o principio, e durante un século e medio, o proxecto da Congregación manifestouse, sobre todo, na educación da mocidade por medio de institucións educativas. Os desafíos expostos polos cambios do mundo, logo da segunda guerra mundial, levaron ás Relixiosas do Sagrado Corazón a reformularse o xeito de encarnar hoxe a misión educadora.

 

A mesma concepción da educación que tiña a fundadora axudounas nesta procura, xa que a finalidade da educación polo ensino era para Magdalena Sofía a de formar ás mozas para que elas chegasen a ser mulleres solidamente cristiás e comprometidas na sociedade do seu tempo. Para ela, a educación era, pois, o medio de transformar a sociedade, mellorala e reconstruír o tecido social. Por iso, as Relixiosas do Sagrado Corazón realizan hoxe o seu servizo de educación en tres campos de acción:

- o ensino e a formación
- o desenvolvemento humano e a promoción da xustiza
- a pastoral e o acompañamento da fe

 

Educar

Educar é o mesmo
que pór un motor nunha barca...
hai que medir, pesar, equilibrar...
...e pór todo en marcha...
Pero para iso,
un ten que levar na alma
un pouco de mariño...
un pouco de poeta...
e un quilo e medio de paciencia
concentrada.
Pero é consolador soñar
mentres un traballa,
que ese barco, ese neno
irá moi lonxe pola auga.
Soñar que ese navío
levará a nosa carga de palabras
cara a portos distantes, cara a illas
afastadas.
Soñar que cando un día
estea durmindo a nosa pobre barca,
en barcos novos seguirá a nosa bandeira
enarborada"

Gabriel Celaya